Monday 29 de April de 2024

‘Músicas e silencios’, a proposta de Ortigueira previa ao lecer turístico para poñer en valor o papel esquecido da muller


• O Teatro da Beneficencia acolle mañá mércores o concerto de cámara a piano e contrabaixo a partir das 19:30 horas

• Tras esta proposta musical, chegan os roteiros naturais e culturais os festivos e o sábado, ademais do Torneo de Pádel de Semana Santa

Ortigueira reivindicará o papel silenciado da muller no mundo da música. E farao acollendo o concerto de cámara ‘Músicas e silencios’ mañá, mércores 27 de marzo, a partir das 19:30 horas.
O Teatro da Beneficencia será o escenario da actuación a piano e contrabaixo de Óscar Rodríguez e Susana Pérez. Ambos desenvolven unha proposta que busca superar a exclusión das mulleres no ámbito musical ao longo da historia e, en concreto, no repertorio de obras contrabaixo e piano.
O programa do concerto está composto por nove pezas de artistas como Nadia Boulanguer, Gloria Rodríguez ou Alicia de Larrocha entre outras. O público poderá gozar destas composicións de artistas femininas por 3,50 euros, na que será a proposta previa aos roteiros naturais e culturais dos días posteriores.
Porque o Xoves Santo, o Venres Santo e o sábado, a Concellería de Turismo ofrece a posibilidade de gozar dos cantís de Loiba e Esteiro, das marismas de San Adrián e do corazón de Ortigueira coa visita teatralizada que repasa a historia do municipio.
A maiores, desde hoxe martes e ata o domingo 31, o Concello de Ortigueira organiza xunto ao Club de Pádel o Torneo de Pádel de Semana Santa. O municipio acoherá na pista cuberta do CEIP José María Lage a 60 parellas en categorías masculina, feminina e mixta.